Histórica vitoria do Waterpolo Pontevedra á conta do Mallorca

Pontevedra
12 de novembro 2022

O Club Waterpolo Pontevedra conseguiu este sábado na piscina da Escola Naval Militar de Marín unha histórica vitoria, non só por ser a primeira da tempada senón por ser a primeira do equipo nesta categoría  

Partido entre Waterpolo Pontevedra e CNC Alcorcón na Escola Naval de Marín
Partido entre Waterpolo Pontevedra e CNC Alcorcón na Escola Naval de Marín / Cristina Saiz

O Club Waterpolo Pontevedra conseguiu este sábado na piscina da Escola Naval Militar de Marín unha histórica vitoria, non só por ser a primeira da tempada senón por ser a primeira do equipo nesta categoría.

E é que o equipo pontevedrés é novo na Primeira División Nacional, pero demostrou con fartura que está aí para pelexar pola permanencia a pesar das tres derrotas nas anteriores xornadas ante os todopoderosos Canoe e Horta, a domicilio, e outra pola mínima ante a súa afección contra o Alcorcón.

Foi precisamente diante do seu público onde o Waterpolo Pontevedra fíxose co triunfo, derrotando por un axustado 10-8 ao Mallorca, un rival directo que comparte as últimas posicións da clasificación e que tamén perdeu todo o disputado ata o momento.

En canto ao partido, o conxunto local fixo un parcial de 6-3 ao descanso e, aínda que todo podía pasar, as de Pontevedra souberon aguantar o intento de remontada do cadro balear para asinar un resultado final de 10-8 grazas á actuación en ataque de Andrea Andión que anotou 4 dos 10 goles do seu equipo.