Nunca unha española subiuse ao podio da Final Mundial de Loita Praia.
Por iso o conseguido recentemente por Lydia Pérez Touriño é un logro maiúsculo. Campioa na Final Mundial celebrada en Alexandría, Exipto, a pontevedresa colgou ademais a medalla de prata do Ranking Mundial Anual.
Esta medalla conseguiuna participando só en dous eventos, en Grecia e o mencionado de Exipto.
De volta a casa para recargar pilas e tras unha intensa tempada, a primeira que completou adestrando no estranxeiro, a deportista do Club de Loita Pontevedra foi recibida polo presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, e o vicepresidente Rafa Domínguez.
Un acto co que a administración provincial quixo mostrar o seu apoio á deportista.
Nesta recepción oficial estivo acompañada por Pablo García, compañeiro de mil e unhas batallas e adestrador actualmente no Loita Pontevedra, e do presidente da Galega de Loita, Jose Luís Olazábal.
Estes resultados supoñen ademais un gran reforzo para Lydia, que esta campaña decidiu baixar de categoría de peso e que segue a prepararse a conciencia no seu obxectivo de progresar a nivel internacional.
CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL NO CGTD
Coincidindo coa presenza de Lydia Pérez no Pontevedra, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) vai ser escenario dunhas xornadas de adestramento de gran nivel.
Trátase dunha concentración á que foi convidada a francesa Emma Luttenauer, dúas veces campioa de Europa sub-23.
Celebrarase os días 28 e 29 de octubre.