Horarios da xornada 17: Segundo domingo consecutivo para o Pontevedra

Pontevedra
25 de novembro 2025

Os granates xogarán por terceira vez esta tempada un domingo en horario de tarde no desprazamento que deben afrontar na xornada 17 ao campo do Barakaldo

Partido do Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón
Partido do Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón / Cristina Saiz

O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece o horario da xornada 17 de liga en Primeira RFEF, unha data na que debe visitar o Barakaldo no estadio de Lasesarre.

Un duelo que disputará en horario de domingo á tarde por segunda semana consecutiva

En concreto, este partido xogarase, segundo confirmou a Real Federación Española de Fútbol, o domingo 21 de decembro ás 16.00 horas, xusto antes do parón do Nadal.

Incluíuse ademais na canle lineal de restransmisión das principais palataformas audiovisuais que ofrecen a Primeira RFEF.

Os granates deixan así atrás de maneira definitiva as once xornadas consecutivas que non competiron na tarde de domingo, chegando a ser o equipo do Grupo I con máis encontros fixados a golpe de sábado.

Antes de chegar ao duelo en Barakaldo, o Pontevedra este sábado 29 de novembro contra o Guadalajara en Pasarón (18.30 horas), o sábado 6 de decembro visitará o Celta Fortuna (16.15 horas) nun escenario aínda por confirmar e o domingo 14 (18.15 horas) recibirán en casa o Arenas de Getxo.