Medalla continental para o atletismo pontevedrés.
Hugo Casañas conseguiu este luns unha brillante prata no Festival Olímpico da Mocidade Europea que se celebra en Skopje, Macedonia.
O atleta pontevedrés quedou de feito a só un centímetro do ouro no lanzamento de peso.
Nunha competición á que acceden os mellores atletas menores de 18 anos, Casañas demostrou o seu gran nivel durante todo o seu concurso.
De feito tres dos seus lanzamentos superaron os 19 metros, sendo o seu mellor intento no que rexistrou unha marca de 19.33 metros.
O primeiro posto escapóuselle por moi pouco, xa que o bosníaco Enhar Mahmic finalizou a súa participación cun mellor lanzamento de 19.34 metros.
Terceiro foi o checo Philip Kappel con 19.25 metros.
🥈 ¡LLEGA LA MANITA!
— Comité Olímpico Español (@COE_es) July 21, 2025
👋🏻 Hugo Casañas conquista la medalla de plata en la prueba de lanzamiento de peso y suma la quinta medalla de la jornada para España en @skopje2025.
¡Gran trabajo, Hugo! ¡Enhorabuena, @atletismorfea!#EYOFSkopje2025 #ReadyToShine #ElCorazónDeEspaña pic.twitter.com/hqcDccr9HO
Todo un éxito en todo caso para a promesa do atletismo pontevedrés, formado no CGTD e que desde esta tempada compite nas filas do Ourense Atletismo.