Hugo Ribeiro e María González, vencedores da IV Volta a Nado Illa de Tambo

Poio
17 de agosto 2025
Actualizado: 17:44

A travesía de natación en augas abertas reuniu este domingo 17 de agosto máis de 200 nadadores en Combarro entre as súas diferentes categorías

IV Volta a Nado Illa de Tambo Miguel Rúa - Atlantic Extreme Sports

Gran xornada deportiva a vivida este domingo 17 de agosto en Combarro e a ría de Pontevedra coa Volta a Nado Illa de Tambo, na súa cuarta edición.

Máis de 200 deportistas participaron na travesía de natación en augas abertas entre as súas diferentes categorías, con opcións de 6 quilómetros, 4,5 quilómetros e 1.000 metros.

Todo con saída e meta nunha Praza da Chousa que se contaxiou durante toda a mañá do espírito deportivo.

A travesía a nado de 6 quilómetros, a primeira en saír ás 11.00 horas, levaba os participantes a dar a volta completa a Tambo, mentres que no percorrido de 4,5 quilómetros os nadadores chegaron até a praia de Area da Illa, situada ao norte da illa. Pola súa banda a proba curta, de 1.000 metros, celebrouse nas inmediacións da Praza da Chousa.

Os vencedores absolutos, da proba longa de 6 quilómetros, foron Hugo Ribeiro e María González.

Hugo Ribeiro e María González, gañadores da IV Volta a Nado Illa de TamboMiguel Rúa - Atlantic Extreme Sports

Ribeiro completou o percorrido en 1 hora, 14 minutos e 2 segundos, sendo a segunda en meta a propia María González como vencedora feminina cun rexistro de 1:21:57.

Na categoría sen neopreno no percorrido de 6 km, os primeiros clasificados foron Eduardo Porset (01:30:32) e Esperanza Navarro Simón (01:40:51).

Na distancia de 4,5 km os gañadores absolutos foro Xairo Rincón (00:59:48) e Alba Castro (00:58:42).

No percorrido de 1.000 metros sub16 venceron Marco González (00:09:19) e Elena Gómez Gómez (00:09:19), e na +16 os gañadores foron os gañadores foron David Argiz Martínez (00:09:36), Jordi Pérez Pereira (00:00:00) e Iván Pérez González (00:11:04) e Noelia Vilarnovo Suárez (00:10:01), Marta Barbeiro Domínguez (00:10:14) e Clara Pérez Pereira (00:11:05) respectivamente.

Entregáronse premios ao nadador máis novo con 12 anos, Anxo Varela González (Club Acuático de Umia), ao nadador máis veterano, o noruegués Geir Ingolsfsrud de 82 anos, e ao primeiro nadador censado en Poio (Iker Pérez).

IV Volta a Nado Illa de TamboMiguel Rúa - Atlantic Extreme Sports

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora