Ata a cidade alacantina de Santa Pola desprazarase esta fin de semana Manuel Hurtado, atleta da Gimnástica, para defender as cores do club pontevedrés no Campionato de España de Medio Maratón.
Faio ademais nunha das edicións máis abertas dos últimos anos debido ás ausencias dos tres medallistas do pasado ano na categoría masculina. Por iso Hurtado, a pesar de que segue sendo un reto complicado, aspira a pelexar no grupo de cabeza.
Por se a medalla nacional non fose suficiente premio, os primeiros clasificados xogan o pasaporte para o próximo Mundial, o 26 de marzo en Cardiff, sempre que consigan unha marca máis baixa da hora e catro minutos.
Manuel Hurtado correu o medio maratón nunha hora e seis minutos este ano, polo que non perde a esperanza de rebaixar o seu rexistro. Clave pode resultar o ritmo que impoñan os atletas estranxeiros, que a pesar de non contar para o campionato poden condicionar as súas marcas.