Paso a paso pero con boa letra. Así avanza o Club Cisne Balonmano con respecto á planificación da próxima tempada.
Co traballo económico encamiñado cara á inscripción na División de Honor Prata, o club pontevedrés dá pasos no reforzo dun plantel no que se aposta pola continuidade.
Trala fichaxe de Fabián González, o equipo enrenado por Edín Covelo volveu a fixar a súa mirada no Chapela para a súa segunda incorporación.
Trátase de Iago Cuadrado, pivote de 1,93 metros e case 100 quilos de peso, que se compromete co Cisne ata final de tempada.
Cuadrado militou as últimas sete tempadas no Chapela, unha delas na División de Honra Prata, coinciendo durante esa etapa con xogadores que actualmente están no Cisne, como Toño Lafuente, Pablo Vidal ou Fabián González.