Iago Paz e Sergio Lloves aceptan a proposta do Pontevedra e renovan por unha tempada

Pontevedra
03 de xuño 2013

O centrocampista e o porteiro únense a Santi Domínguez, Adrián Gómez, Richi e Fran Fandiño na lista de futbolistas que continuarán na disciplina granate o próximo curso. Nos próximos días espérase a contestación dos xogadores aos que o club presentou unha oferta para que continúen

Coa entrada dunha nova semana a composición do primeiro equipo de Pontevedra Club de Fútbol segue collendo forma.

Despois de que Santi Domínguez Adrián Gómez, Richi e Fran Fandiño contestasen afirmativamente á proposta de renovación do Club, agora foron Iago Paz e Sergio Lloves o que se comprometeron por unha tempada máis.

Lloves, gardameta titular durante gran parte do ano despois da súa incorporación o pasado verán procedente do Rápido de Bouzas, cumprirá así o seu segundo ano como granate, mentres que Iago Paz seguirá na que foi a súa casa de sempre, e á que volveu precisamente esta tempada.

Nos próximos días espérase a contestación do resto de futbolistas aos que o club presentou unha oferta de renovación: Edu Sousa, Caco, Jacobo, Tubo, Javi Pazos, Pacheco, Yago Vázquez, Lorenzo Riveiro, Iago Paz, Pablo González e o xuvenil Emilio, este cunha proposta enriba da mesa de dous anos de duración.