Iñaki Martínez seguirá no Arosa: "Non podía estar noutro sitio que non fose este"

O Salnés
01 de xullo 2026

O centrocampista foi un dos protagonistas o curso pasado, especialmente pola súa participación na remontada fronte ao Céltiga, que permitiu ao equipo proclamarse campión de Terceira Federación

Iñaki celebra o primeiro gol no partido entre Arosa e Silva Arosa SC

O Arosa segue dando forma ao seu proxecto en Segunda Federación coa continuidade dunha das súas pezas máis destacadas.

Trátase do centrocampista mexicano Iñaki Martínez, que cumprirá a súa quinta tempada en Vilagarcía tras ser un dos protagonistas no recente ascenso do equipo.

"Non podía estar noutro sitio que non fora este. Desde o primeiro momento sentín súper acollido e iso é impagable", asegurou o xogador.

Iñaki foi un dos nomes propios do curso pasado, especialmente pola súa participación na remontada ante o Céltiga, que permitiu ao Arosa proclamarse campión de Terceira Federación.

Este logro, recoñece, aínda non o asimila.

"Aínda non son consciente do que conseguimos despois de catro anos tentándoo", indicou.

Co ascenso xa no peto, o centrocampista mira cara a unha categoría que obrigará a elevar o nivel e que prevé complicada, sobre todo polos desprazamentos.

"Os retos están para superalos e creo que temos moitísima ilusión para afrontalos", asegura.

Agora, engade, "toca seguir recargando pilas para que, cando chegue o día, só pensemos no obxectivo".