Inés Mayán, terceira renovación no Marín Futsal

Marín
25 de maio 2023

O club marinense segue desvelando aos poucos a composición do plantel co que afrontará a próxima tempada, e este xoves tocoulle á renovación de Inés Mayán

Inés Mayán, no partido entre Marín Futsal e Poio Pescamar na Raña

O Marín Futsal vai a confirmación por día, revelando aos poucos os detalles de planificación para a próxima tempada.

Este xoves tocou a quenda dunha renovación, a terceira, ao anunciarse a continuidade de Inés Mayán.

"É outra das xogadoras novas que temos no club e na que vemos un futuro moi prometedor. Coa súa calidade, estamos seguros de que a próxima tempada será unha das xogadoras importantes do equipo", aseguran desde o club marinense.

Inés únese desta forma a unha lista para a campaña 23-24 na que xa figuraban María Estévez e Adriana, ademais do técnico Ramiro Díaz.