Inicio de curso para as promesas do deporte galego

Pontevedra
15 de setembro 2017

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra arrincou este venres un novo curso académico, no que contará con 162 deportistas con bolsa

Apertura de curso no Centro Galego de Tecnificación Deportiva PontevedraViva

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu este venres a apertura oficial dun novo curso académico e deportivo.

A Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, presidiu o acto de apertura acompañado do director do centro, Suso López, e ante a presenza de pais e alumnos.

Durante o curso 2017/2018 terán bolsa no CGTD ata 162 deportistas de diferentes disciplinas, sendo máis de 200 os atletas relacionados ao centro de tecnificación e ao Centro Galego de Vela.

Marta Míguez sinalou que desde a Xunta se prima "unha formación integral na que os estudos académicos van parellos á formación deportiva.Só así ten sentido un centro deste tipo, deporte e educación deben moverse como un binomio perfecto".

A máxima responsable do deporte galego lembrou ademais na súa intervención aos 21 deportistas olímpicos que saíron do CGTD de Pontevedra, todo un espello para os actuais estudantes do centro, o futuro do deporte galego.