A internacional brasileira Dandara Sampaio, reforzo para o Waterpolo Pontevedra

Pontevedra
11 de marzo 2026

O club pontevedrés, inmerso na fase de ascenso á División de Honra nacional, suma unha nova peza ao seu plantel

Dandara Sampaio, nova xogadora do CW Pontevedra Club Waterpolo Pontevedra

A loita polo ascenso á División de Honra nacional está a lume vivo, e o Club Waterpolo Pontevedra quere poñer todo da súa parte para manter con vida o seu soño de pelexar por un posto na elite.

O equipo pontevedrés, en plena segunda fase do campionato de Primeira Nacional, anunciou un novo reforzo para o seu plantel.

Trátase da moza brasileira Dandara Sampaio.

A pesar de contar con só 19 anos, pero é xa internacional coa súa selección.

Procede do SESI SP de Sao Paulo e chega a Pontevedra, explica o seu novo equipo como "reforzo a nivel defensivo para seguir na loita polo play-off de ascenso".

Nesa pelexa o Waterpolo Pontevedra é terceiro con 17 puntos pero cun partido menos que os seus principais rivais, o líder CN Rubí (20 puntos) e o CN Barcelona (19 puntos).

Precisamente este último equipo, o CN Barcelona, será o próximo rival nun duelo que pode resultar clave.

Disputarase este sábado 14 de marzo na capital catalá ás 17.00 horas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora