O barro que cubría o circuíto converteuse en gran protagonista este domingo do Campionato do Mundo de Ciclocrós que se disputou na localidade suíza de Dübendorf.
Ata alí desprazouse Irene Trabazo dentro do equipo nacional, participando na proba sub-23 feminina.
A ciclista marinense pelexou contra os elementos para asinar unha positiva 24ª posición, que supón mellorar a súa reultado de hai un ano en Dinamarca, onde foi 32ª.
Nun esixente percorrido, Trabazo empregouse a fondo pero apenas puido mellorar a súa posición desde a primeira volta. Así, chegou a meta a 10 minutos e 20 segundos da vencedora, a francesa Marion Norbert e a 4:24 da vixente campioa de España, Sofía Rodríguez, que foi 17ª.
Foi iso si a segunda representante nacional na clasificación xeral, posto que Paula Suárez chegou a meta no posto 25 e Sara Bonillo no 30.