Irene Trabazo participa en Altea na primeira concentración nacional de ciclocrós

Marín
28 de xullo 2020

A Selección Española de Ciclocrós, da que forma parte a marinense na categoría sub-23, adestrarase en grupo durante esta semana na localidade alacantina

Irene Trabazo, quecendo para a carreira do Mundial de ciclocrós 2018
Irene Trabazo, quecendo para a carreira do Mundial de ciclocrós 2018

A Selección Española de Ciclocrós concéntrase esta semana por primeira vez para levar a cabo unha serie de adestramentos conxunto na localidade alicantina de Altea.

Alí atópase a marinense Irene Trabazo, elixida xunto a outros 20 ciclistas das diferentes categorías para exercitarse ás ordes do seleccionador nacional, Pascual Momparler.

Trabazo (XSM), ciclista aínda de categoría sub-23, comparte esta experiencia con outros deportistas galegos como Iván Feijoo (Nesta), Carlos Canal (Burgos-BH) e o júnior Miguel Rodríguez (Ponteareas).

"Estamos muy contentos de poder celebrar esta semana nuestra primera concentración con corredores de ciclocross. La celebración de este stage es un importante avance que nos permitirá reforzar la labor que está llevando a cabo la excelente generación de ciclocrosistas con la que contamos en la actualidad y, además, podremos seguir trabajando con las nuevas generaciones para que el nivel de la especialidad continué creciendo y desarrollándose en nuestro país", explicou o seleccionador.

En total serán catro xornadas de concentración, ata o vindeiro xoves 30 de xullo, nas que os corredores efectuarán test físicos e comezarán a preparar os desafíos da tempada 2020/2021.

Antes de participar, todos os deportistas así como os técnicos do equipo tiveron que someterse a probas PCR para descartar unha posible infección por Covid.