Irene Trabazo pecha a tempada exprés de ciclocrós en Galicia cun pleno de vitorias

Marín
28 de decembro 2020

A ciclista marinense logrou o triunfo no campionato galego celebrado este domingo en Ferrol para facerse, por primeira vez na súa carreira, co título autonómico da categoría reina

Irene Trabazo é a gañadora do Campionato Galego 2020 de Ciclocrós celebrado en Ferrol Federación Galega de Ciclismo

O calendario galego de ciclocrós botou o peche esta fin de semana coa celebración da quinta e última proba desta competición, exprés e marcada polas restricións da pandemia da covid-19, en Ferrol que volveu ter á marinense do XSM, Irene Trabazo, como principal protagonista.

A pesar da dureza da proba, cuxo inicio tivo que adiantarse unhas horas para salvar a chegada da borrasca, a corredora morracense dominou de principio a fin e, cun tempo de 45:58, logrou vestirse por primeira vez a camisola de campioa autonómica na categoría reina. Unha semana antes xa se subira todo o máis alto do podio como gañadora de todas as etapas da Copa Galicia, certificándose así a súa hexemonía no barro dos circuítos galegos. 

Xiana Conde (Maceda) foi segunda clasificada, a 3:34 da marinense, e o terceiro chanzo do caixón ocupouno María Jesús Barros (Spol).

No cadro masculino, o triunfo foi Saúl López, tamén gañador da Copa Galicia, seguido por Daniel López e Jorge Punzón.

Nas categorías inferiores, brillou con luz propia o corredor do Poio Bike Héctor García. O cadete foi capaz de acabar co dominio de André Martínez e subirse todo o máis alto do podio xunto ao ciclista do Avanza e Tomás Pombo (3AG).