O Club Cisne Balonmán iniciou a configuración do seu persoal para a próxima tempada en División de Honra Prata coa renovación de Iván Calvo.
O xogador, que chegou ao Cisne no verán de 2019 procedente do Lavadores, afrontará así a súa sétima campaña vestindo a camiseta branca.
Durante este tempo, Iván Calvo consolidouse como unha peza fundamental na defensa do equipo, achegando solidez e experiencia tanto na categoría de Prata como nas dúas tempadas que disputou o equipo en Asobal.
A continuidade do xogador é un paso importante dentro do Cisne, onde ademais asumirá a responsabilidade de ser o capitán nesta nova tempada.
Esta é a segunda peza confirmada do novo proxecto, despois do anuncio da fichaxe do lateral dereito brasileiro Guilherme Linhares.