Iván García e Arlet Ortiz, elixidos como mellores deportistas marinenses de 2025

Marín
22 de xaneiro 2026

O xurado da recuperada Gala do Deporte de Marín seleccionou os premiados nas diferentes categorías. Coñece a listaxe completa de gañadores

Iván García e Arlet Ortiz tras ser medallistas no Open de Polonia de taekwondo
Iván García e Arlet Ortiz tras ser medallistas no Open de Polonia de taekwondo / Federación Galega de Taekwondo

A Gala do Deporte de Marín, recuperada tras varios anos de ausencia, xa ten gañadores.

O xurado analizou as candidaturas presentadas e seleccionado os vencedores nas diferentes categorías, coas que se recoñece os méritos alcanzados ao longo do ano 2025 por parte de deportistas, clubs, persoas e entidades do deporte local.

O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, quixo destacar a "boa resposta por parte da cidadanía e dos clubs á hora de presentar candidatos e candidatas", adiantando que a Gala do Deporte celebrarase tras a apertura do novo auditorio, nunha data final que será confirmada proximamente.

No que respecta aos principais galardóns, de mellores deportistas tanto masculino como feminina, o taekwondo é o protagonista, xa que os premiados son Iván García (campión de España e tamén de Europa por equipo e 9º do ranking mundial) e Arlet Ortiz (campioa nacional, bronce europea por equipos e quinta no Mundial), ambos os dous pertencentes ao Club Mat's.

Este é a listaxe completa de premiados na Gala do Deporte de Marín 2026:

Mellor deportista masculino: Iván García Martínez (Club Mat's Taekwondo)

Mellor deportista feminina: Arlet Ortiz (Club Mat's Taekwondo)

Mellor deportista de base masculino: Xián Gutiérrez Dopazo (Remo Ría de Marín)

Mellor deportista de base feminina: Ángela Balado Conde (Club Mat's Taekwondo)

Mellor deportista veterana: Pilar Vázquez Bouzas (Remo Ría de Marín)

Premio á inclusividade: Paula García Vázquez (Remo Ría de Marín)

Mellor adestrador: Emilio Gutiérrez Jalda (Remo Ría de Marín)

Mellor Club: CD La Peña

Patrocinio: SEI San Narciso

Mellor evento deportivo: Open Vila de Marín de Boxeo

Premio ao deporte con valores: Raquel Carragal Da Costa

Premio á promoción do deporte basee: Marín Peixe Galego

Premio ao voluntariado deportivo: Carreira Pinga Pinga

Mención especial: Asociación Cultural e Deportiva Gharaboto