Janea Williams, poderío americano baixo taboleiros para o Arxil

Pontevedra
04 de agosto 2018

O Arxil xa ten o seu "cinco" para a próxima tempada 2018-19, Trátase da americana Janea Williams, que vivirá en Pontevedra a súa primeira experiencia fóra dos Estados Unidos. Con 1,93 de altura, o seu poderío físico e a súa mocidade (22 anos), fan que a súa fichaxe teña certo risco, aínda que os seus números e os informes dos que foron os seus adestradores aválana, tanto deportivamente como persoalmente

Janea Williams nun partido co Coker College
Janea Williams nun partido co Coker College

O Arxil xa ten o seu "cinco" para a próxima tempada 2018-19, Trátase da americana Janea Williams, que vivirá en Pontevedra a súa primeira experiencia fóra dos Estados Unidos. Con 1,93 de altura, o seu poderío físico e a súa mocidade (22 anos), fan que a súa fichaxe teña certo risco, aínda que os seus números e os informes dos que foron os seus adestradores aválana, tanto deportivamente como persoalmente.

Williams chega con datos que falan do seu poderío físico, que a converte nunha xogadora moi dura tanto en defensa como en ataque, e cunha gran intelixencia no seu xogo que a fai perigosa no campo. No seu último ano universitario xogou na NCCA 2, disputando 25 partidos, nos que promediou 9,8 puntos, 9,5 rebotes e 2,8 tapóns por xogo.

Coa incorporación da pivote americana, xa son sete as xogadoras coas que conta o Arxil no seu primeiro equipo, no que se une a Carla Fernández, Arantxa Mallou, María Lago, Cristina Díaz-Pache, Sierra Clark e Gala Mestres.