Última semana de competición e máis que no estritamente deportivo a atención no Pontevedra está xa centrada na planificación da próxima tempada.
Por iso, máis aló da noticia da fichaxe de Dalisson de Almeida polo Córdoba, calquera comparecencia pública garda algunha reflexión sobre o futuro. Ocorreu na rolda de prensa de Yago Iglesias previa á viaxe a Torrelavega e volveu a pasar este mércores con Javi Fontán.
O defensor arousán mostrou a súa disposición a renovar e continuar no club en Primeira RFEF, aínda que recoñece que polo momento "non houbo ningún contacto, estamos a esperar a que termine a tempada".
"Xa o dixen cando fichei, que viña ao Pontevedra non por estar na casa senón porque o seu obxectivo era gañar a liga e ascender, e era igual que o meu, que o buscou fóra. Agora realmente o meu obxectivo segue a ser o mesmo que o do club, asentarme na nova categoría", explicou Fontán.
"Sinto moi representado polo Pontevedra e pola cidade. Gústame moito o club, a xente e ademais son de aquí. Xa dígoche, estou moi contento", engadiu.
Pero antes de calquera negociación queda primeiro acabar a liga, e "queremos o domingo poñer o broche final a unha tempada fantástica".
Un curso que destacou a nivel interno polo bo ambiente dentro do vestiario, por iso "é complicado despedirse dun grupo tan fantástico, porque ao final gozamos moitísimo todos xuntos. Por iso temos ganas de que chegue o domingo pero en parte non nos importaría que durase un pouco máis", recoñece o lateral granate.
O plantel quere ademais deixar atrás a goleada sufrida en Torrelavega, e neste sentido contra o Real Ávila "creo que non vai ser o mesmo" porque "sabemos que dependemos de nós mesmos e que si estamos ao noso nivel na casa, imos facer un bo partido", asegurou Javi Fontán.