Javi Vázquez, toda unha vida no Cisne

Pontevedra
12 de xuño 2019

O capitán cineísta leva no club pontevedrés desde os 6 anos e acaba de renovar por unha tempada máis co primeiro equipo para competir na División de Honra Prata

Javi Vázquez, no partido entre o Cisne e o Palma del Río en el Municipal
Javi Vázquez, no partido entre o Cisne e o Palma del Río en el Municipal / Mónica Patxot

Hai xogadores que se identifican rapidamente cunha camiseta, e ese é o caso de Javi Vázquez e o Club Cisne Balonmán.

Canteirán, desde os 6 anos defende as cores do club pontevedrés, co que acaba de renovar para competir un ano máis na División de Honra Prata.

O extremo cumprirá desta forma 18 anos na entidade, tendo pasado por tódalas categorías de base.

Vázquez, tras renovar, declarouse "contento de seguir formando parte un ano máis deste persoal e dun club que ten un proxecto claro de aposta pola canteira e xogadores da nosa cidade".

O capitán cineísta pasa a engrosar un plantel na que xa figuran como confirmados outros homes como Daniel Ramos, Pablo Gayoso, Álex Chan, David Chapela e Alejandro Conde.