Jean Marie Okutu, na busca da mínima para o Mundial de Beijing

Marín
10 de xuño 2015

O atleta marinense achegouse aos 8 metros nas súas últimas competicións, pero necesita lograr unha marca de 8,10 metros si quere participar no Mundial de atletismo o próximo mes de agosto no que é o seu principal obxectivo da tempada

Jean Marie Okutu antes de adestrar no CGTD
Jean Marie Okutu antes de adestrar no CGTD / PontevedraViva

É a principal competición atlética da tempada e por iso Jean Marie Okutu quere estar presente nela, no que pode supoñer un paso máis no seu camiño aos Xogos Olímpicos de Río.

O Campionato do Mundo que se disputará do 22 ao 30 de agosto na capital chinesa, Beijing, centra os esforzos do atleta marinense, que aspira a clasificarse na proba de salto de lonxitude.

Para iso Okutu deberá mellorar a súa mellor marca persoal (8,01 metros), xa que a mínima se fixou en 8,10 metros, cinco centímetros menos que a marca necesaria para clasificarse para os Xogos de 2016.

Trátase dun obxectivo que entende como alcanzable, e nas últimas competicións comezou a achegarse aos 8 metros.

Tras lograr en pista cuberta o Campionato de España cun salto de 7,96, Jean Marie non volveu chegar a esa distancia, pero a pasada semana conseguiu no IX Trofeo Alonso Posada de Vigo un rexistro de 7,85 metros e en Salamanca outro de 7,92, aínda que este foi invalidado por vento ilegal.

Okutu achégase así ao seu record persoal, que espera superar nalgunha das próximas citas do calendario que afrontará, a primeira esta mesma fin de semana coa disputa da final polo título da División de Honra de Clubs, na que defenderá as cores do Fútbol Club Barcelona.

Tiempo ten o atleta galego de lograr unha mínima que lle daría acceso ao seu primeiro Campionato do Mundo Absoluto.