A Real Federación Española de Tenis fixo pública este luns a convocatoria da selección nacional para as Finais da Billie Jean King Cup, principal competición internacional por países.
Nela aparece como unha das referencias do equipo español Jéssica Bouzas, á que o seu gran ano con recente presenza nos oitavos de final de Wimbledon consolidoulle na elite do tenis mundial.
A arousá é o actual número 52 do ranking mundial, e no caso de que a Top-10 Paula Badosa non se logre recuperar dos seus problemas físicos será a encargada de liderar por segunda vez a España, tras a súa estrea na fase inicial do torneo.
Xunto a Paula Badosa e a propia Jéssica Bouzas, completan o equipo español Cristina Bucsa e Aliona Bolsova, ademais dunha quinta tenista que será confirmada en próximas datas.
Elas serán as encargadas de defender á Selección Española nas Finais da Billie Jean King Cup que se celebrarán na cidade chinesa de Shenzhen, do 16 ao 21 de setembro.
"Gustaríame que Paula (Badosa) estivesen fisicamente ao cento por cento porque o equipo a necesita, pero tamén temos a Jéssica que leva un gran ano e un bo dobres. Ao final, o que vai prevalecer é un equipo unido que poida render ao máximo na competición e é o que imos tratar de facer", explicou a capitá española, Carla Suárez.
España debutará na competición o mércores 17 de setembro enfrontándose a Ucraína na eliminatoria de cuartos de final.
"Vai ser unha eliminatoria dura", avanza a capitá e ex tenista profesional confiando en que "co traballo que as mozas foron facendo durante o ano e co que fagamos esa semana está claro que imos loitar até o final".