O Palacio de Deportes Carolina Marín, en Huelva, será escenario o próximo mes de xullo da centésima edición da Copa do Rei de Tenis.
Trátase do torneo tenístico máis antigo de España, e por primeira vez pelexará por el Jéssica Bouzas.
A arousá foi confirmada este mércores, na presentación do evento, como unha das finalistas femininas.
Bouzas, actual número 69 do ranking, pelexará polo título con Paula Badosa, número 9 mundial.
No que respecta á final masculina, disputarana o español Alejandro Davidovich e o grego Stefanos Tsitsipas.
Ambas as dúas finais disputaranse o día 12 de xullo.