Jesús Ramos tras a derrota ante o Zamora: "Hay que hacer algo más para ganar los partidos sino es imposible"

Pontevedra
06 de febreiro 2021

"Lo hemos intentado". Así comezou a rolda de prensa de Jesús Ramos tras a derrota do Pontevedra Club de Fútbol este sábado en Pasarón ante o Zamora e sostén que "hay que hacer algo más para ganar los partidos sino es imposible"

Jesús Ramos, no partido entre Pontevedra e Zamora
Jesús Ramos, no partido entre Pontevedra e Zamora /

"Lo hemos intentado". Así comezou a rolda de prensa de Jesús Ramos tras a derrota do Pontevedra Club de Fútbol este sábado en Pasarón ante o Zamora. 

Obrigados a sumar tres puntos para reengancharse na pelexa dun dos tres primeiros postos da táboa, o técnico granate lamenta o mal resultado do equipo.  "Hemos tenido muchas veces el dominio de la pelota pero al final cuando hemos querido llegar a área no hemos sido capaces de crear ninguna ocasión", destacando unha única oportunidade de gol en todo o partido.

Ramos achaca esta ausencia de gol ao marcador en contra na primeira metade si vas con el resultado al descanso adverso, las ansiedades y las ganas de empatar corren en tu contra", e sostén que "hay que hacer algo más para ganar los partidos sino es imposible".

Aínda que o técnico non quere poñer escusas, destaca que estes malos resultados veñen sucedendo desde a lesión de Romay. "Nos ha pasado de todo. Lesiones, covid... No somos capaces de ganar aún teniendo buenos partidos y ocasiones".

Non hai tempo para lamentarse. A próxima cita do Pontevedra é este mércores, outra vez en casa, ante o Guijuelo, polo que Ramos insiste en que "no queda otra que levantarse y seguir trabajando para que la primera victoria venga rápido".

A pesar da derrota, Jesús Ramos mostrouse optimista e recoñece estar "con fuerzas" e "capacitado para seguir e intentar que el equipo gane".

Pola súa banda, o técnico do Zamora, David Movilla, destacou que o bo xogo dos seus: "exceptuando 10 o 15 minutos las sensaciones han sido buenas".