Joe de Ciman, da Universidade de Colorado ao Marín Peixe Galego

Marín
22 de agosto 2016

O Peixe Galego acode de novo ao mercado norteamericano para pechar un novo reforzo en busca de "ameaza exterior e axuda no rebote". A pasada campaña, no seu último ano na liga univeristaria (NCAA), alcanzou máis de 10 puntos por partido

Joe de Ciman
Joe de Ciman / Colorado State Rams

O Peixe Galego fixouse de novo na liga unversitaria estadounidense (NCAA) para reforzar o seu plantel pensando no seu debut na Liga LEB Ouro.

O cadro marinense pechou a incorporación de Joe de Ciman, xogador que espera achegue "ameaza exterior e axuda no rebote".

De nacionalidade canadense pero con pasaporte de Serra Leona, de Ciman caracterízase, ademais da súa achega ofensiva como home exterior, por "ser un defensor moi intenso", segundo sinalan desde a entidade 'peixe'.

Procede da Universidade de Colorado, equipo co que alcanzou no seu último ano na NCAA 10,3 puntos e 5,2 rebotes por partido.

Con el son xa nove os xogadores confirmados no plantel a poucos días de ter que iniciar a pretempada.