Jorge Villamarín desvincúlase do Cisne

Pontevedra
18 de xuño 2022

Era unha baixa confirmada, pero non foi ata o de agora cando o Cisne, a través das súas redes sociais, deu coñecer a noticia de que o que foi o seu muro baixo paus durante catro anos "ha decidido no renovar"

Jorge Villamarín, antes dun partido co Cisne no Municipal Cristina Saiz

O porteiro e protagonista do primeiro ascenso a Liga Asobal do Club Cisne Balonmán, Jorge Villamarín, non vestirá a camiseta do club pontevedrés a próxima campaña.

Era unha baixa confirmada, pero non foi ata o de agora cando o Cisne, a través das súas redes sociais, deu coñecer a noticia de que o que foi o seu muro baixo paus durante catro anos "ha decidido no renovar".

O veterano gardameta, que está na última fase de recuperación da súa rotura do menisco e perdeuse a recta final desta última tempada, únese ás xa coñecidas ausencias do técnico Jabato, Dani Virulegio, Pablo Picallo e Álvaro Preciado.

"Sabemos que se trata de una decisión personal que le ha costado mucho tomar y que si las circunstancias fuesen otras seguiría con nosotros", indican desde o Cisne. "Desde el Club queremos desearle toda la suerte del mundo en esta nueva etapa, ya sabe que las puertas del Cisne están abiertas y que ésta siempre será su casa".