Julio Rey regresa ao Arosa e Eloy Fariña renova. Cardeñosa, Álex Freire e Vixo, baixas

O Salnés
09 de xuño 2016

Despois de tres tempadas desde a súa marcha a terras catalás, Julio Rey Abalo, regresa ao Arosa SC despois do seu paso polo RCD Español, Pobla de Mafumet e CD Ribadumia, club no que militou esta última campaña, tras o seu polémico e frustrado fichaxe polo Deportivo da Coruña

Julio Rey vestindo a camiseta do Arosa
Julio Rey vestindo a camiseta do Arosa / Arosa SC - Rubén Abal

Despois de tres tempadas desde a súa marcha a terras catalás, Julio Rey Abalo, regresa ao Arosa SC despois do seu paso polo RCD Español, Pobla de Mafumet e CD Ribadumia, club no que militou esta última campaña, tras o seu polémico e frustrado fichaxe polo Deportivo da Coruña.

O canteirán incorpórase así ao equipo de Jorge Otero, no que xa están confirmados Aitor Díaz e Eloy Fariña, que renovou tamén o seu contrato, polo que o extremo de Vilanova afronta aos seus 23 anos a sétima tempada consecutiva no primeiro equipo.

No capítulo de despedidas, o presidente do Arosa, Manuel Abalo, informou a Cardeñosa, Álex Freire e Vixo da decisión da comisión deportiva de non incluílos no plantel do primeiro equipo. O presidente quixo agradecer en nome do club os servizos prestados por todos eles. Cardeñosa incorporouse a pasada tempada, Álex Freire levaba tres e Vixo era un dos xogadores máis veteranos do equipo, tras sete anos no Arosa.