A menos de 24 horas para que dean comezo os adestramentos de pretempada, o Pontevedra Club de Fútbol confirmou a que será a nova marca do seu equipamento.
Era un secreto a voces, pero por fin chegou a confirmación oficial por parte da entidade granate, que despois de cinco anos vestindo a marca Hummel, cambia de patrocinador técnico e vestirá con Kappa.
Despexada esta incógnica, falta saber como serán os deseños oficiais da roupa así como cal é a cor escollida para o segundo equipamento, que foi variando ao longo dos últimos anos.
En todo caso, espérase que ao longo desta semana coñézanse os detalles que quedan por resolver.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.