Kike García, adestrador do Waterpolo Galaico, incluído no Plan Nacional de Tecnificación Deportiva

Pontevedra
16 de setembro 2014

O técnico das categorías inferiores do club pontevedrés participou a pasada semana nunha concentración nacional organizada pola Federación Española de Natación

Kike García, adestrador do Waterpolo Galaico
Kike García, adestrador do Waterpolo Galaico / CW Galaico Pontevedra

De traballar coas categorías inferiores do Club Waterpolo Galaico Pontevedra ao Centro de Alto Rendemento de San Cugat, en Barcelona.

ÿ o que lle aconteceu ao técnico do equipo pontevedrés Kike García, tamén secretario técnico da Federación Galega, convidado a participar nunha concentración do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva organizado pola Real Federación Española de Natación.

Durante nove días e oito horas diarias Kike García, xunto con outros adestradores representantes de diferentes federacións territoriais, traballou cun grupo de waterpolistas en idade cadete no que supón o primeiro contacto destes deportistas coa competición internacional.

CAPTACIÿN DE DEPORTISTAS

O Waterpolo Galaico trasladou un convite a todos aqueles nenos e nenas, dende os 6 anos de idade, que queiran probar este deporte. Poderán facelo de balde durante o mes de setembro, co único requisito de saber nadar.