Lara Balseiro e Carla Ayensa estrean o capítulo de baixas no Poio Pescamar

Poio
21 de xuño 2024
Actualizado: 12:41

Un ano despois da súa chegada, Balseiro e Ayensa poñen fin á súa etapa no equipo vermello

Partido de liga entre Poio Pescamar e Futsal Alcantarilla na Seca
Partido de liga entre Poio Pescamar e Futsal Alcantarilla na Seca / Cristina Saiz

Lara Balseiro e Carla Ayensa puxeron fin á súa etapa no Poio Pescamar e son as primeiras baixas confirmadas para a seguinte tempada.

Balseiro é a primeira saída que confirma o equipo vermello tras comezar a planificar a próxima tempada, na que Luis López-Tulla volverá sentar no banco da Seca.

Balseiro, que xa xogara en Poio tempada 2011/2012 aínda en Segunda División, regresou o pasado verán ao cadro conserveiro co obxectivo de pelexar por metas ambiciosas.

Agora, un ano despois, di adeus tras ser convocada nos 40 encontros disputados esta tempada e participando en 25 deles, anotando 3 goles e liga e colaborando con 2 asistencias.

A confirmación da saída de Ayensa, en cambio, chegou a través do seu próximo destino, o Ourense Ontime, que ata á xogadora navarra para a campaña 2024/2025.

Na tempada 2021/2022, a pivote logrou o ascenso a Primeira co Alcantarilla, pero foi co Poio Pescamar co que logrou gañar a Copa Galicia e ser semifinalista na Supercopa e na Liga.