Primeira xornada de regatas elite no Campionato de Europa de Piragüismo Maratón, que se está celebrando no río Lérez, e primeira medalla para un deportista da comarca.
Levouna a junior Lara Outón (Breogán do Grove) cun bronce grazas ao seu terceiro posto no C-1 xuvenil. A padeeira galega completou os 19 quilómetros de percorrido en 1 hora, 37 minutos e 23 segundos, aínda que lonxe da primeira posición. A gañadora nesta categoría foi a húngara Panna Palfia, seguida na segunda praza da alemá Julia Dunkel.
Preto do podio quedou un dos seus compañeiros de equipo no Breogán, Noel Domínguez, tamén na canoa, ao ser cuarto no C-1 junior tras unha proba que dominou de inicio pero na que pagou o seu esforzo nos primeiros quilómetros cando o grupo que lle perseguía deulle caza.
Nunha xornada na que o protagonismo era para os deportistas junior e sub-23, o gran dominador como equipo foi Hungría, gañador cun dos seus padexeiros en catro das cinco probas disputadas este xoves (Consulta aquí todos os resultados).
A competición retómase este venres, desde as 11:15 horas, co resto de probas junior e sub-23.