O extremo do Pontevedra CF Libsasse Guèye está convocado con Senegal sub-23 para un dobre enfrontamento da Copa de África sub-23 contra Burkina Faso.
É unha boa noticia para o conxunto granate, xa que o xogador gañará experiencia internacional, pero perderase os partidos ante a Cultural Leonesa en León e San Fernando en Pasarón.
Guèye estará concentrado con Senegal desde o venres 21 ata o 30 de outubro, polo que estará en Pontevedra para a cita co Real Madrid Castilla do domingo 6 de novembro en Pasarón.
INTERNACIONAL | @LibasseGueye09 é convocado pola Selección de Senegal sub-23 para enfrontarse a dobre partido contra Burkina Faso en partido da Copa de África de nacións sub-23‼️
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) October 14, 2022
O xogador se concentrará coa sua selección entre o 21 e o 30 deste mes. Parabéns!#IzandoVelas pic.twitter.com/vwKRvILK3s