O Marín Peixe Galego ten a ocasión o vindeiro sábado (19:30 horas) de seguir facendo historia na visita ao pavillón da Raña do Bulevar de Ávila, líder da LEB Prata.
Os pupilos de Javi Llorente, cun triunfo, situaríanse por primeira vez no liderado, aínda que compartido, da división de bronce do baloncesto nacional.
Ademais a cita servirá de anticipo ao primeiro título oficial da tempada, a Copa LEB Prata, que disputarán os dous equipos o 23 de xaneiro en Ávila.
No único precedente da tempada entre ambos, o cadro abulense superou aos de Marín por un apertado 64-62, na segunda xornada da liga regular.
O Bulevar destaca por ser un equipo sen unha figura destacada sobre os demais pero con varios xogadores habituados a situarse en dobres díxitos anotadores, cunha ampla rotación na que basean o seu alto ritmo defensivo.
Será de feito unha loita entre o segundo equipo que menos puntos encaixa, o abulense, e o cuarto máximo anotador, o Peixe Galego.