As Series Mundiais de Tríatlon volven estar dominadas polo galego Javier Gómez Noya, despois do segundo posto logrado este domingo na cuarta cita do calendario en Cidade do Cabo (Sudáfrica).
Gómez Noya só foi superado polo británico Alistair Brownlee (1:39:19) no seu regreso á competición, lleganndo a cinco segundos tras unha dura pugna nos 10.000 metros de carreira a pé.
Terceiro foi o francés Luis Vincent (1:39:28), co talaverano afincado en Pontevedra Fernando Alarza quinto (1:39:51) e o pontevedrés Pablo Dapena, no seu debut nas Series Mundiais, trixésimo primeiro (1:42:11) tras realizar un brillante papel que lle enche de moral de cara a intentar repetir en próximas citas do calendario.
A proba de Cidade do Cabo estivo marcada pola baixa temperatura da auga, de apenas 11 graos, que obrigou a recortar o sector de natación 750 metros.
Gómez Noya saíu primeiro da auga, con Dapena nunha fantástica quinta posición, pero non se produciu un corte no tramo ciclista, o que fixo chegar xuntos á última transición a preto de 50 atletas para decidir todo na carreira a pé.
Aproveitando a ausencia do pequeno dos Brownlee, Jonathan, a clasificación xeral pasa a estar dominada por Javier Gómez Noya con 2.707 puntos, seguido de Mario Mola (2.273) e Fernando Alarza (2.221). Pablo Dapena pola súa banda entra na posición 74 do ranking con 77 puntos.
A próxima proba das Series Mundiais disputarase en Yokohama (Xapón) os días 16 e 17 de maio.