O proxecto converteuse en realidade. Marín estreou de maneira oficial este xoves a nova zona de escalada de Loira.
Un proxecto habilitado nos cantís deste areal que "é resultado do esforzo e visión dos escaladores locais David Gómez e Sergio Piñeiro, quenes descubriron e propuxeron o potencial dos cantís para a escalada deportiva", destacan desde o Club Aromon Pontevedra, impulsor da iniciativa da man do Concello de Marín.
En total a área conta con 30 vías de escalada con diferentes graos de dificultade, que varían desde o III+ até o 7a+.
Trátase de rutas aptas tanto para iniciación e como para escaladores xa máis experimentados.
"Marín é un referente como destino turístico activo e de aventura e agora moitísimo máis, poñendo en valor estes cantís de granito que forman parte da nosa xoia paisaxística: o noso litoral", sinalou pola súa banda a alcaldesa de Marín, María Ramallo.
A rexedora defendeu ademais que "desde o Concello de Marín, apostamos firmemente por este proxecto, asumindo a implicación económica necesaria para que a zona estivese habilitada cos mellores materiais de seguridade".
A zona foi equipada por técnicos da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), garantindo o cumprimento da normativa, e conta con paneis explicativos con recomendacións básicas.
Xunto á alcaldesa, a inaguración da zona de escalada de Loira contou coa presenza do escalador local Sergio Piñeiro, os profesionais que a equiparon, Gustavo Fariña e Gabriel González; e a presidenta, vicepresidente e vogal do Club Aromon, Carmen Iglesias, Manuel Beloso e Águeda Gutiérrez.
A apertura oficial coincide co inicio do primeiro curso de iniciación á escalada en roca impulsado polo propio Concello e o Club Aromon.