Loito no Arosa polo falecemento do seu socio número un, Víctor Méndez Castro

O Salnés
21 de xuño 2021

O club arlequinado enviou as súas condolencias e agarimo a familiares e amigos. Castro, con máis de medio século ás súas costas como socio arosista, foi tamén directivo da entidade

Escudo do Arosa tinguido de negro en sinal de loito
Escudo do Arosa tinguido de negro en sinal de loito / Arosa SC

Menos de 24 horas despois de celebrar un esperadísimo ascenso de categoría para competir a próxima campaña na Segunda RFEF, o Arosa SC tinguiuse de loito.

O club arlequinado confirmou este luns o falecemento do seu socio número 1, Víctor Méndez Castro.

Ao longo do seu máis de medio século de fidelidade ao club, Méndez foi directivo da entidade de Vilagarcía e traballou tamén para a Real Federación  Galega de Fútbol.

"En nome do club, socios e afeccionados, queremos transmitir o noso respecto e condolencias a familiares e amigos", sinalou o Arosa tras coñecer a noticia.

Ademais o club defendeu que "este ascenso vai dedicado tamén para vostede".