Menos de 24 horas despois de celebrar un esperadísimo ascenso de categoría para competir a próxima campaña na Segunda RFEF, o Arosa SC tinguiuse de loito.
O club arlequinado confirmou este luns o falecemento do seu socio número 1, Víctor Méndez Castro.
Ao longo do seu máis de medio século de fidelidade ao club, Méndez foi directivo da entidade de Vilagarcía e traballou tamén para a Real Federación Galega de Fútbol.
"En nome do club, socios e afeccionados, queremos transmitir o noso respecto e condolencias a familiares e amigos", sinalou o Arosa tras coñecer a noticia.
Ademais o club defendeu que "este ascenso vai dedicado tamén para vostede".