Louzán presenta a directiva que o acompañará na Federación Galega de Fútbol

Pontevedra
08 de xaneiro 2015

Entre os directivos destaca o ex-presidente do Pontevedra, José Manuel Fernández, ou o presidente do Coruxo, Gustavo Falqué. O máximo dirixente da Federación Española, Ángel María Villar, acudiu ao acto e ofreceu a Louzán ser membro da súa xunta directiva

Rafael Louzán xunto ao seu equipo directivo na Federación galega de Futbol Xunta de Galicia

O novo presidente da Federacion Galega de Fútbol, Rafael Louzán, presentou este xoves en Santiago de Compostela á xunta directiva que o acompañará no seu mandato.

Entre eles destacan os nomes do ex presidente do Pontevedra, José Manuel Fernandez, o máximo dirixente do Coruxo, Gustavo Falqué, ou a presidenta do Atlético Arousana, Aranzazu Ruiz.

Louzán fixo mención no seu discurso a algúns dos puntos principais da súa campaña, como os problemas coa mutualidade de futbolistas ou a necesidade de mellorar as instalacións deportivas.

Ao acto asistiron, entre outros, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e varios alcades e cargos do Partido Popular, formación que Louzán dirixe na provincia de Pontevedra.

Tamén estaba presente o presidente da Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar, que deu a benvida a Rafael Louzán ofrecéndolle un cargo na súa xunta directiva nacional: "en sus manos está que acepte o no esa responsabilidad", asegurou ante os medios de comunicación.

A dirección da Federación Galega de Fútbol queda estructurada do seguinte xeito:

  • Presidente: Rafael Louzán
  • Vicepresidente Primero: Gustavo Falque
  • Vicepresidentes: Juan Luis Villamisar (A Coruña), Jose Manuel Fernández Cid (Ourense), Carlos Méndez Moreira (Lugo) e Javier García (Santiago)
  • Vogais: Pablo Prieto (Fútbol Sala), Aranzazu Ruiz (Fútbol Femenino), Jose Manuel Fernández (Pontevedra), Amancio Varela (Comunicación)
  • Tesoureiro: Luis Serantes Álvarez