A Selección Española prepárase para o inminente Europeo Feminino Sub-19 que se disputará en Bosnia e Herzegovina a partir do próximo sábado 27 de xuño. En concreto, o equipo de David Aznar debutará o domingo 28 no primeiro partido de fase de grupos ante o combinado suízo.
Este venres publicouse a lista das 21 xogadoras que disputarán a competición, unha lista que conta coa presenza da futbolista de Caldas de Reis Lucía Rivas.
A xogadora do Deportivo Abanca, que xa se alzou campioa de Europa Sub-17, terá a oportunidade de revalidar titulo nunha categoría brillante para España.
E é que a Selección Sub-19 conta coa frienta de oito europeos ás súas costas, cinco deles gañados nas últimas edicións de forma consecutiva.
Esta convocatoria supón unha gran oportunidade de crecemento para a caldense, que sufriu unha grave lesión no seu xeonllo a finais de 2024 e que, aos poucos, volveu a reencontrarse coa súa mellor versión.
📋 La lista de David Aznar para intentar revalidar la #U19WEURO.
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SEFutbolFem) June 19, 2026
🇧🇦 El equipo viajará a Bosnia y Herzegovina el próximo 24 de junio.
🔗 https://t.co/fgupmSG0Yi#NuestraBase pic.twitter.com/75SVFNhDnU
Tanto é así que Lucía debutou co Deportivo na liga F esta tempada e participou en 16 encontros nos que logrou anotar un gol e repartir dúas asistencias.
A xogadora formada nas categorías inferiores do Atlético Cuntis concentrarase co resto de compañeiras este luns na Cidade do Fútbol de Las Rozas para adestrar. Será o mércores cando a expedición viaxe a Sarajevo para entrar en dinámica de competición.
Nesa cidade e na localidade de Zenica disputará o equipo de David Aznar os seus partidos de fase de grupos ante Suíza (domingo 28, 14:00), Islandia (mércores 1, 17:00) e Austria (sábado 4, 17:00).