Lucía Rivas repite convocatoria coa Selección Española Sub-17

Umia
27 de febreiro 2024

A futbolista caldense do RC Deportivo foi citada para unha concentración do equipo nacional sub-17 que levará a cabo en Las Rozas do 4 ao 6 de marzo

Lucía Rivas, no Torneo de Desenvolvemento UEFA Sub-16
Lucía Rivas, no Torneo de Desenvolvemento UEFA Sub-16

Os técnicos da Real Federación Española de Fútbol seguen moi pendentes da evolución dunha promesa da comarca, Lucía Rivas.

A futbolista caldense do RC Deportivo foi citada a unha concentración de adestramento da Selección Española Sub-17 que se desenvolverá do 4 ao 6 de marzo na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.

Rivas estreouse hai case un ano co equipo nacional sub-16 no Torneo de Desenvolvemento UEFA, e desde entón entrou nos plans dos técnicos federativos participando o pasado mes de outubro noutras xornadas de preparación en idade sub-17.

Neste caso o seleccionador nacional sub-17, Kenio Gonzalo, chamou 24 xogadoras, entre as que tamén se atopa a carballesa Elena Vázquez, compañeira de Lucía no Real Club Deportivo.