Lucía Vázquez, atropelada durante un adestramento: "¿Ni con este chaleco me veis conductores?"

Vilaboa
05 de novembro 2015

A ciclista de Vilaboa sufriu este mércores un leve atropelo mentres adestraba. "Me llevaron por delante, por suerte no llegué al suelo pero mi rodilla fue la peor parada", explicou. O golpe obrigaralle a baixar o ritmo e repousar durante os próximos días

Lucía Vázquez, nunha competición recente Comunicación Lucía Vázquez

Importante susto o que se levou Lucía Vázquez, actual campioa do Open de España de BTT, durante un dos seus adestramentos.

A ciclista de Vilaboa sufriu este mércores un leve atropelo en Salcedo mentres se exercitaba polas estradas da comarca, tal e como ela mesma relatou poucas horas despois: "Me llevaron por delante, por suerte no llegué al suelo pero mi rodilla fue la peor parada".

Ese golpe, que afortunadamente non esconde unha lesión grave, obrigaralle a reducir o ritmo e repousar durante os próximos días xusto cando estaba comenzando a pretempada: "Me ha dicho el fisio que si paro unos días me recuperaré. La suerte es que vi al coche y frené en seco, porque podía haber sido mucho peor", explicou a PontevedraViva.

Segundo a deportista o peor do incidente co vehículo foi que "me echaron la culpa a mí después de invadir 'mi carril' (el arcén) en una recta", o que a levou a mostrar a súa indignación a través das redes sociais.

"¿Ni con este chaleco me veis, conductores? ¿Qué tenemos que hacer para que nos respeten? Voy a colocar una bocina de camión en mi bici y que por lo menos les asuste como ellos a mi a diario", declarou nos seus perfís públicos a ciclista.