Lucía Vázquez estrea equipo en Portugal coa súa primeira competición BTT do ano

Vilaboa
28 de xaneiro 2016

A ciclista de Vilaboa estrea en Viana do Castelo unha tempada de BTT na que ten como reto progresar no ránking internacional 

Lucía Vázquez, nunha competición recente
Lucía Vázquez, nunha competición recente / Comunicación Lucía Vázquez

Punto de partida para a tempada BTT de Lucía Vázquez. A ciclista de Vilaboa estréase en Portugal defendendo as cores do seu novo equipo o, Maiatos/Reabnorte, que lle dará a oportunidade de afrontar un ambicioso calendario internacional.

Vázquez ten como obxectivo en 2016 mellorar o seu ránking internacional, que a situou no posto 66 en 2015, competindo ante as mellores ciclistas da especialidade.

A primeira parada será a localidade lusa de Viana do Castelo, onde afrontará o domingo 30 de xaneiro lad 3 Horas BTT Resistencia de Vila Franca.

"É un  competición que me vén ben porque se disputa nun circuíto e sérveme para continuar coa miña preparación para as carreiras de Cros Country Olímpico", recoñece Lucía.

A segunda edición desta carreira de resistencia disputarase nun circuíto de 5,5 quilómetros, no que gañará o ciclista que complete máis voltas durante tres horas.