Luisito, confirmado como novo adestrador do Pontevedra

Pontevedra
19 de outubro 2014

José Luis Míguez 'Luisito' farase cargo do equipo granate ata final de tempada. Así o confirmou o club nun breve comunicado. Será presentado este luns no Estadio Municipal de Pasarón

Luisito nunha rolda de prensa cando era adestrador do Ourense CD Ourense SAD

José Luis Míguez 'Luisito' é o adestrador elixido polo Pontevedra Club de Fútbol para poñerse á fronte do equipo granate trala destitución de Manu Fernandez.

Así o confirmou o club nun breve comunicado minutos despois da conclusión do partido en Ponteareas, onde o Pontevedra se impuxo por 1-3 ao Cultural Areas.

Luisito, adestrador que se encontraba sen equipo tras a desaparición do Club Deportivo Ourense, asinará en principio ata final de tempada e será presentado este luns no Estadio Municipal de Pasarón.

Antes da súa etapa no Ourense, Luisito tamén dirixiu a equipos como o Ciudad de Santiago ou o Racing de Ferrol.