Luismi pide axuda á afección: "Contamos con ellos, más que nunca les necesitamos"

Pontevedra
02 de maio 2018

O adestrador do Pontevedra pide aos seguidores do equipo granate que non fallen o vindeiro domingo (18:00 horas) ante un dos partidos máis importantes dos últimos anos. A enfermería non termina de baleirarse e Darío, Anxo e Prosi seguen entre algodóns

Luismi, no partido entre Pontevedra e Celta B en Pasarón
Luismi, no partido entre Pontevedra e Celta B en Pasarón / Diego Torrado

O plantel e o corpo técnico do Pontevedra teñen a sensación de que se atopan ante un dos partidos máis importantes dos últimos anos, polo que esperan a implicación da afección para achegarse á permanencia na Segunda División  B.

Así o verbaliza Luismi, pedindo un esforzo aos seguidores de fronte ao encontro do domingo (18:00 horas) ante o Unión Adarve en Pasarón.

"Les necesitamos, Pasarón tiene que ser consciente, y la gente y el aficionado del Pontevedra, que es una final", recoñece o preparador granate.

"Les pediría que sean conscientes de que nos jugamos el todo por el todo. Contamos con ellos, más que nunca los necesitamos", sinalou en rolda de prensa tras o adestramento deste mércores na Xunqueira.

A ENFERMERÍA SEGUE SEN BALEIRARSE

Tras a xornada de descanso do martes uno dos puntos de atención na sesión preparatoria era comprobar en que estado se atopaban os futbolistas que se perderon a última cita ligueira en Segovia por lesión. 

De todos eles Darío Flores, que se recupera dunha microrrotura de fibras, foi o que máis se mostrou sobre o céspede, participando na primeira parte do traballo xunto aos seus compañeiros pero sen forzar a máquina. Despois retirouse, polo que se mantén como dubida en función da evolución que mostra nos próximos días. "Está mejor pero a golpe de miércoles no queríamos forzar mucho más", recoñeceu Luismi.

Peor marchan Prosi e Anxo. O centrocampista foi sometido a unha resonancia magnética para coñecer o alcance exacto da doenza que arrastra desde hai unhas semanas, sendo case imposible a súa participación no último partido en casa da liga regular. Pola súa banda o gardameta segue á marxe unha semana despois de facerse dano na zona lumbar nun adestramento.

A estas baixas únense as ausencias seguras por sanción de Álex González e de Nacho López, que volverán estar dispoñibles para a última xornada do campionato.