Moitos minutos estivo o Pontevedra por baixo no marcador na catro primeiras xornadas de liga. Sufriuno en tres dos catro choques disputados ata o momento, a excepción do triunfo ante a Cultural Leonesa, pero aínda que se trata dunha situación para corrixir Luismi queda con que "el equipo supo reaccionar, levantarse y puntuar" ante Navalcarnero e Valladolid B.
"En otras circunstancias nos hubiéramos quedado con cero puntos", mantén o técnico granate asegurando que "nos hemos repuesto bien de los mazazos de los goles y vamos a mejorar seguro".
Eses aspectos para mellorar ao seu xuízo, explicou este mércores en rolda de prensa, son "sobre todo con balón", onde "tenemos que ser un equipo más agresivo, dominar más al rival para hacer más ocasiones de gol", sentenciou.
Trátase dun aspecto fundamental, xa que aínda que a nivel físico o equipo está a chegar ben ao final dos partidos "a veces no vas a poder remontar", polo que "tenemos que tener cuidado a nivel de concentración para no encajar", sinalou.
Deixar a portería a cero será por tanto un dos obxectivos no duelo do próximo domingo en Madrid ante o Internacional, un encontro para o que a única baixa por lesión salvo contratempo nos próximos días será a de Nacho Lorenzo, xa que o resto de futbolistas completaron este mércores a sesión de traballo na Xunqueira sen maior problema.