O adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Luís Miguel Areda 'Luismi', compareceu este mércores ante os medios de comunicación a tres días de que de comezo a tempada oficial en Salamanca, e fíxoo precisamente por iso pensando no primeiro rival que se atopará o seu equipo na liga e non no amigable previsto para última hora do día en Cangas.
"Todos queremos que empiece ya la liga, la competición, donde hay puntos por medio", explicou o técnico granate esperando que a competición oficial poida traer consigo a confirmación das sensacións positivas ofrecidas durante o período de preparación.
"Realmente queremos ver hasta dónde podemos llegar", sinalou.
En canto a Unionistas de Salamanca, debutante na Segunda B e dirixido por un ex-adestrador do Pontevedra como Roberto Aguirre, Luismi espera un "equipo muy bien organizado defensivamente" e que "seguramente nos dejará tener el balón".
Para ese choque chegará en boas condicións Álex González, despois dunha pretempada complicada por problemas físicos. El será un dos homes que aproveitará o encontro en Cangas para seguir afinando a súa posta a punto, pero aínda que "seguramente no esté para 90 minutos sí podrá jugar", confirmou Luismi sobre o que foi un dos seus homes fortes no equipo no tramo final da pasada campaña.