Luismi, tras renovar co Pontevedra: "Vamos a intentar soñar e ilusionarnos para estar lo más arriba posible"

Pontevedra
01 de xuño 2018

O técnico granate móstrase "muy ilusionado" con encabezar o seu primeiro proxecto completo, desde o inicio, na Segunda División  B e asegura que "desde la humildad" o Pontevedra "por historia, por tradición, por todo, tiene que estar lo más arriba posible"

Luismi, no último partido de liga entre Atlético de Madrid B e Pontevedra
Luismi, no último partido de liga entre Atlético de Madrid B e Pontevedra /

Tardou en chegar a confirmación de Luismi como adestrador do Pontevedra para a próxima tempada, por iso o técnico "no quería ni pensarlo", pero unha vez renovado asegura sentirse con máis forzas que nunca para comandar o que será o seu primeiro proxecto completo na Segunda División B, desde o inicio de curso.

Luís Miguel Areda afróntao "muy ilusionado" e sen esconder que "por historia, por tradición, por todo el Pontevedra tiene que estar lo más arriba posible".

O preparador non se asusta polo que considera "una responsabilidad de la leche" que coñece desde a súa etapa de xogador, por como vive a cidade o fútbol e a repercusión da casa granate, e por iso fala de "ser ambiciosos". 

Luismi: "Por historia, por tradición, por todo el Pontevedra tiene que estar lo más arriba posible"

"Vamos a intentar soñar e ilusionarnos para estar lo más arriba posible pero siempre desde la humildad y los pies en la tierra", defende Luismi.

Superado o trámite da súa renovación e coa convicción de que será positivo empezar o curso no banco para poder confeccionar un equipo que se amolde máis á súa medida e maneira de ver o fútbol, Luismi púxose xa a traballar co conselleiro responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns.

"Entre los dos tenemos que confeccionar la plantilla, consensuar todo y en ello estamos", recoñece, e aquí os primeiros pasos serán expor as ofertas de renovación aos futbolistas que interesan do actual plantel.

Ademais segue pensando en idear un Pontevedra protagonista desde o bo trato do balón, que busque ao contrario e sexa agresivo en ataque. En definitiva "un equipo que se vea aguerrido en el campo y te haga sentir cosas, que tenga una idea clara a lo que juega", explica o preparador granate.

Agora toca traballo de despacho, pero Luismi non esconde as ganas de volver vestir de curto, algo que sucederá segundo as previsións a segunda semana de xullo coa intención de completar seis semanas de pretempada antes de que de comezo a liga.