Lupe Murillo pide paciencia coa planificación do equipo: "Precipitarse tampoco es bueno"

Pontevedra
25 de maio 2018

"Hay muchos temas estudiados, muchas cosas vistas pero evidentemente no todavía para comentar", declarou a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol tras renovar o acordo de patrocinio coa Deputación de Pontevedra por unha tempada máis

Renovación do acordo de patrocinio entre Pontevedra e Deputación
Renovación do acordo de patrocinio entre Pontevedra e Deputación / Mónica Patxot

Despaciño e con boa letra. Así toma o Pontevedra a planificación do equipo para a próxima tempada, ou polo menos a toma de decisións cruciais como a elección do adestrador do primeiro plantel ou as renovacións dos xogadores.

"Yo pedí 10 días, es que nunca hemos acabado la temporada tan pronto, nos faltan tres meses para volver a empezar la liga y creo que precipitarse tampoco es bueno", defendeu este venres a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo, na Deputación, onde se escenificou a renovación do acordo de patrocinio da institución provincial.

"Hay muchos temas estudiados, muchas cosas vistas pero evidentemente no todavía para comentar", engadiu a dirixente granate para avanzar despois que "poco a poco iréis sabiendo más cosas".

Murillo xustificou a decisión de non dar máis información sobre os movementos que se están a realizar asegurando que "queremos estudiar las cosas para hacerlo mejor". Ademais, tras un comentario da presidenta da Deputación, Carmela Silva, desexando ao Pontevedra que pelexe no futuro por obxectivos ambiciosos a dirixente do Consello de Administración granate declarou que "el Pontevedra siempre tiene objetivos ambiciosos pero el fútbol es fútbol y nunca sabes lo que va a pasar".

ACORDO DE PATROCINIO COA  DEPUTACIÓN

A Deputación de Pontevedra manterase unha tempada máis como patrocinador principal do club, en virtude do acordo ratificado este venres a través dunha resolución da institución provincial.

Desta forma prolóngase unha colaboración que supón unha achega económica de 160.000 euros (193.000 euros co IVE incluído), a mesma cantidade recibida nos últimos anos.

No acto Carmela Silva aproveitou para felicitar ao club pola permanencia na Segunda División, algo "importantísimo para a provincia de Pontevedra, para a cidade de Pontevedra", asegurou antes de desexar ao club éxitos no futuro e despedir a súa intervención cun "cara adiante e como se di sempre, hai que roelo".