Lydia Pérez abónase ao bronce cun terceiro posto no Gran Premio de España

Pontevedra
11 de xullo 2022

Tras subir ao podio nos Xogos do Mediterráneo, a deportista pontevedresa ha repetido posto noutra competición internacional, o Gran Premio de España de Loita que se celebrou durante a fin de semana en Madrid

Lydia Pérez, nos Xogos do Mediterráneo
Lydia Pérez, nos Xogos do Mediterráneo / Comité Olímpico Español

Coa moral polas nubes chegará Lydia Pérez Touriño ao Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas que se celebrará a mediados de setembro na capital serbia, Belgrado, despois dos seus últimos resultados internacionais.

Tras a súa brillante medalla de bronce nos Xogos do Mediterráneo, a deportista pontevedresa volveu a subir ao podio nun gran evento internacional, o Gran Premio de España celebrado durante a fin de semana en Madrid.

Na cita medíanse 250 loitadores de máis de 40 países, con grandes nomes do panorama mundial, e a representante do Loita Pontevedra volveu render a un gran nivel.

Lydia conseguiu a medalla de bronce na categoría de 62 quilos, compartindo metal coa sueca Johanna Lindborg.

O ouro no seu peso levouno a búlgara Taybe Yusein e a prata a canadense Ana Godine González.

O bronce de Lydia é a terceira medalla da pontevedresa nas últimas semanas, tras o conseguido nos citados Xogos do Mediterráneo e tambuién na proba das Series Mundiais de Loita Praia disputada en Sanxenxo.