Lydia Pérez e Pablo García, medallas pontevedresas no Nacional de Loitas Olímpicas

Pontevedra
12 de febreiro 2018

Os representantes do Club de Loita Pontevedra lograron a medalla de ouro e prata respectivamente nas súas categorías na competición nacional celebrada en Murcia

Pablo García, Lydia Pérez e Marcos Miragaya no Campionato de España en Murcia
Pablo García, Lydia Pérez e Marcos Miragaya no Campionato de España en Murcia / Club de Loita Pontevedra

A Selección Galega de loitas olímpicas, e tamén no que lle corresponde o Club de Loita Pontevedra, protagonizaron unha notable competición no Campionato de España celebrado en Murcia.

Galicia brillou como o mellor equipo autonómico con 4 medallas de ouro, 6 de prata e 3 medallas de bronce, sendo dous delas para deportistas do club pontevedrés.

Así, Lydia Pérez fíxose co ouro na categoría de 62 quilos de loita libre feminina ao superar con autoridade no seu combate polo título á madrileña Eugenia Pozo.

Pola súa banda Pablo García, na loita olímpica masculina, afrontou unha categoría máis disputada, a dos 72 quilos na que avanzou ata a final e terminou cedendo no seu último enfrontamento ante o balear Agus López tendo que conformarse coa plata.

Marcos Miragaya acompañou aos deportistas do Club de  Loita Pontevedra na competición, e ademais como responsable do grupo de rendemento do Centro  Galego de Tecnificación Deportiva puido celebrar 3 medallas de ouro e 1 de prata dos seus pupilos.